Xa temos lista a grella de actividades que vos ofertaremos no local a partires do 1 de outubro. As actividades van dende a música e o teatro ata ximnasia de mantemento ou body combat. O prazo de inscrición comeza o luns 16 de setembro, a través do noso teléfono 652 915 145, do noso e-mail (indicando no asunto "inscrición" e o nome do curso) e da nosa páxina de Facebook a través de mensaxe privada. As prazas son limitadas e necesítanse un mínimo de 10 alumnos para que os cursos se leven a cabo, así que dádevos presa para apuntarvos e non perder a oportunidade!
A oferta para o curso 2013-2014 é a seguinte:
Exploración dos ritmos da cultura afrobrasileira a través da formación dun grupo de percusión. Estudiaremos os distintos ritmos da cultura Bahiana... Máis información
Grupos de teatro para tódalas idades. Xogo teatral para os máis pequenos e grupos de teatro para adolescentes e adultos... Máis información
Obradoiro pensado para nenos e adolescentes no que aprenderemos a realizar títeres nos máis diversos materiais... Máis información
Outro curso orientado ós mozos e mozas. Deseño de persoaxes, carteles, ilustración e banda deseñada... Máis información
Grupos de reforzo educativo para alumnos de ed. Primaria e Secundaria. Inglés, Matemáticas, Física e Química... Máis información
Para manternos en forma, combinamos o aerobic con rutinas de movemento de diversas artes marciais... Máis información
Para desoxidarnos, para manternos a tono, un curso pensado para gañar calidade de vida á vez que nos mantemos en forma... Máis información
Ideal para non perder tono físico, ou para xente sedentaria que quere comezar a facer exercicio dunha forma gradual e que non dane o corpo... Máis información
Clases individuais de música: guitarra, canto, solfexo, percusión harmonía...