QUEN SOMOS

alternativas culturais, lÚdicas e educativas

A ASC O Besbello do Calvario, 29 pretende revitalizar a oferta cultural e educativa da nosa comunidade a través de diversas accións, coma obradoiros, cursos, espectáculos escénicos e musicáis, charlas e campañas de concienciación social, actividades extra escolares e de reforzo, animacións para tódalas idades... Servindo así de punto de encontro entre artistas e educadores do país e como alternativa ó cada vez máis preocupante vacío no que se atopa sumida a vida cultural neste momento.

O noso equipo de profesionais, formados en distintos eidos do asociacionismo, a escea, a educación, a música, a psicoloxía e a pedagoxía, tentará, a través das disferentes propostas da asociación, servir de punto de encontro educativo, lúdico e cultural entre os distintos membros da nosa comunidade.


O noso Equipo

Dispoñemos dun equipo multidisciplinar que abrangue dende educadores ata traballadores sociais, pasando por xente de traxectoria probada no mundo das artes...

colaboradores

Coñece a xente e institucións que colaboran con nós a tódolos níveis.

LECER e ESPECTÁCULOS

Ofertamos todo tipo de animación, desde actos infantís e xuvenís ata servicios de guardería para grandes eventos (vodas, comidas, ceas...), animación en despedidas, espectáculos musicais e teatrais para amenizar todo tipo de citas: exposicións, presentacións...

EDUCACiÓN E CULTURA

Ademáis de todo tipo de actuacións como servicio á sociedade (exposicións, encontros artísticos, accións de conciliación para os sectores menos favorecidos...) ofertamos unha ampla gama de cursos e obradoiros, permanentes ou eventuais, que abranguen dende clases de reforzo, adaptacións curriculares, manualidades, actividades extraescolares, inglés, informática...