Actividades EXTRAESCOLARES

As actividades extraescolares que concebimos na Asociación O Besbello do Calvario 29 son un complemento lúdico e formativo que se adapta ás programacións e esixencias dos diferentes ciclos da Educación Primaria e na Infantil. Ofrecemos ós centros un paquete integral de actividades extraescolares, tanto eventuais coma regulares, que cubren unha oferta cultural e educativa nas seguintes áreas:

  • Img

    MÚsica

    A idea deste curso é a de afondar na expresión musical a través da exploración persoal e dunha serie de actividades paralelas ás curriculares que fomenten o desenvolvemento da linguaxe e de inquedanzas musicais nos nenos. Proponse desenvolver a creatividade e a espontaneidade no "crecemento" musical do alumno

  • Img

    arte dramÁtico e expresiÓn corporal

    Descubrir o arte do teatro como un xogo creativo que esperta a imaxinación e potencia a expresividade corporal e oral. Motivar a autoestima e a confianza dos nenos. Potenciar a socialización, a tolerancia e o traballo en equipo.

  • Img

    xogos cooperativos

    A través dos xogos cooperativos promovese o desenvolvemento do coñecemento mutuo, a comunicación, a confianza, o contacto e a autoestima.
    Habilidades sociais, persoais, autocoñecemento, afirmación e autoestima, autocontrol emocional, autocoidado, recoñecemento e expresión de emocións, a empatía, o razonamento moral e a creatividade...

  • Img

    animaciÓn Á lectura

    Os obxectivos xerais deste curso son:
    - Promover e fomentar á lectura como una actividade de ocupación do tempo libre e fonte de diversión que non quede limitada os espazos da educación formal.
    - Achegar ás/ós alumnas/os do centro educativo á biblioteca, dar a coñecer o recurso en profundidade.

  • Img

    reforzo educativo

    Ante a detección dunha serie de dificultades na aprendizaxe do alumnado, debemos responder ás súas necesidades educativas proporcionando unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura e o cálculo...

  • Img

    novas tecnoloxías

    Tamén dispoñemos de cursos adicados á informática nas súas máis comúns manifestacións: aprendizaxe de sistemas operativos, ferramentas de traballo, novas tecnoloxías aplicadas á educación....

  • NN.EE. Especiais

    O noso equipo está capacitado para adaptar os seus cursos a alumnados con necesidades educativas especiais e ten programación propia deseñada por especialistas psicopedagogos.