Rematou a nosa aportación na iniciativa do Solpor en Familia que propuxo este ano o Concello de Noia e rematamos moi satisfeitos coa participación dos veciños e veciñas de Noia, que se involucraron de xeito activo nestas actividades xunto cos seus cativos. Agradecemos moito as vosas palabras de ánimo para seguir adiante co noso proxecto e agardamos que non sexa a última vez que colaboramos coa Concellería de Cultura de Noia!